jueves, 26 de diciembre de 2019

MENSAJE TAREAS NAVIDAD

Ola chic@s, este  trimestre  rematou e xa estades en PRIMEIRO, e traballando moi ben, aprendimos a organizarnos, traballar en equipo, facer murais, xogos, cartas, ESCRIBIR E LER… . Por todo isto moitísimas felicidades pero xa sabedes que sempre hai que aprender e mellorar cousas, cada día un pouquiño máis.
Agora toca descansar , xogar , divertirse e pasalo ben en familia, cos amigos e amigas , pero non te esquezas de ler, escribir e xogar coas mates, un pouquiño cada día. 

Podes xogar a inventar sumas, dalle a pelota, salta a corda  e ponte a contar os números, do máis pequeño ao máis grande , ou do máis grande ao máis pequeno, suma de 2 en 2 , de 3 en 3 de  10 en 10…; xoga ao cinquillo( xoga as cartas e conseguir sumar 5) ou a escoba(sumar 15) ou inventa  ti un xogo de sumar ou de restar. Tamén podes xogar coas regletas de cartón que tes na casa.
Practica a escritura e a lectura, Xoga a copiar palabras, frases , a escribir palabras, a inventar  oracións :”Pasa unhas boas vacacións” ou contos: había unha vez uns nenos que fixeron un vídeo para mandar unha  mensaxe  para coidar o planeta e o Apalpador  viu o vídeo e…Que pasaría???.
Fai debuxos , inventos, sae de paseo e fai un caderno de campo cas árbores, plantas insectos que atopes , canta baila e rie; e o que ti queiras pero non esquezas descansar un pouco , come  equilibrado  e fai exercicio, corre salta , baila , sae coa bici e pásao moi ben  pero volve a clase con moitas forzas e aínda máis ganas.
Bo Nadal, boas vacacións e ata o ano que ven. Feliz 2020!