lunes, 13 de enero de 2020


CLICA no enlace para acceder ao blog de Naturais e Sociais


UNIDADE 3 AS PLANTAS



CESPIN

Materiais:

 -Unha media, unha cuncha de ovo, o cu dunha botella de plástico, unha cunca de plástico.

-Semente                                        -Terra / serrado

Recursos non materiais:

É necesaria unha persoa adulta que supervise ou traballe a dous nenos para que non haxa ningún accidente.



Obxectivos educativos:

 • Responsabilizarse do coidado das plantas

• Motivar aos nenos a interesarse pola natureza

• Desenvolver a capacidade creativa

• Participa activamente en actividades
"@ meu/miña  amig@  Cespiñ@"
Córtase a media de maneira que aproveitamos a parte do pé.  
Bótanse as sementes de céspede (bastantes).  
Logo énchese toda a media con terra. Hai que ter coidado de non mover moito as sementes, para que non se mesturen. Cando estea ben cheo, facémoslle o nó, para que quede ben apertado e dámoslle a volta ao boneco. Cunha goma elástica, collemos un anaco de media, con terra e farémoslle o nariz. Logo, aos lados, facemos o mesmo para facerlle as orellas. Despois facémoslle  unha boca e  uns ollos. 

Unha vez terminados, ponse nun prato e  bótaselles auga para que a terra a vaia absorvendo .
Pon auga no prato. .  Que pasará?    Descúbreo .