Ola chic@s, este
trimestre rematou e xa estades en
PRIMEIRO, e traballando moi ben, aprendimos a organizarnos, traballar en
equipo, facer murais, xogos, cartas, ESCRIBIR E LER… . Por todo isto moitísimas
felicidades pero xa sabedes que sempre hai que aprender e mellorar cousas, cada
día un pouquiño máis.
Agora toca descansar , xogar , divertirse e pasalo ben en
familia, cos amigos e amigas , pero non te esquezas de ler, escribir e xogar
coas mates, un pouquiño cada día.
Podes xogar a inventar sumas, dalle a pelota, salta a
corda e ponte a contar os números, do
máis pequeño ao máis grande , ou do máis grande ao máis pequeno, suma de 2 en 2
, de 3 en 3 de 10 en 10…; xoga ao
cinquillo( xoga as cartas e conseguir sumar 5) ou a escoba(sumar 15) ou inventa
ti un xogo de sumar ou de restar. Tamén
podes xogar coas regletas de cartón que tes na casa.
Practica a escritura e a lectura, Xoga a copiar palabras,
frases , a escribir palabras, a inventar
oracións :”Pasa unhas boas vacacións” ou contos: había unha vez uns
nenos que fixeron un vídeo para mandar unha
mensaxe para coidar o planeta e o
Apalpador viu o vídeo e…Que pasaría???.
Fai debuxos , inventos, sae de paseo e fai un caderno de
campo cas árbores, plantas insectos que atopes , canta baila e rie; e o que ti
queiras pero non esquezas descansar un pouco , come equilibrado
e fai exercicio, corre salta , baila , sae coa bici e pásao moi ben pero volve a clase con moitas forzas e aínda
máis ganas.
Bo Nadal, boas vacacións e ata o ano
que ven. Feliz 2020!