lunes, 13 de enero de 2020
UNIDADE 3 AS PLANTAS
CESPIN
Materiais:
-Unha media, unha cuncha de ovo, o cu dunha botella de plástico, unha
cunca de plástico.
-Semente -Terra
/ serrado
Recursos non materiais:
É necesaria unha persoa adulta que supervise ou traballe a dous nenos para
que non haxa ningún accidente.
Obxectivos educativos:
• Responsabilizarse do coidado das plantas
• Motivar aos nenos a interesarse pola natureza
• Desenvolver a capacidade creativa
• Participa activamente en actividades
"@ meu/miña amig@ Cespiñ@"
Córtase a media de maneira que aproveitamos a parte do pé.
Bótanse as sementes de céspede (bastantes).
Logo énchese toda a media con terra. Hai que ter coidado de non mover moito as sementes, para que non se mesturen. Cando estea ben cheo, facémoslle o nó, para que quede ben apertado e dámoslle a volta ao boneco. Cunha goma elástica, collemos un anaco de media, con terra e farémoslle o nariz. Logo, aos lados, facemos o mesmo para facerlle as orellas. Despois facémoslle unha boca e uns ollos.
Unha vez terminados, ponse nun prato
e bótaselles auga para que a terra a
vaia absorvendo .
Pon auga no prato. .
Que pasará? Descúbreo .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)